top of page

A ORQUESTRA. O buque insignia nace en 2020. Fixo a súa estrea absoluta na actuación dentro do Festival Plataforma en Santiago de Compostela. Este concerto foi composto integramente en tempo real, estivo interpretado por 16 músicos, e constitúe tamén o seu debut discográfico. “Orquestra Galega de Liberación”. 

No ano 2021 continúa a súa senda e entre outras actuacións, gravan o seu segundo album tamén ao vivo, nesta ocasión no Festival Jazz de Ría. “Na Loita”. A Orquestra Galega de Liberación é finalista nos anos 2023 e 2024 como mellor proxecto de Jazz e Música Improvisadas nos Premios Martín Códax da Música.

A ORQUESTRA mantén o seu carácter aberto, permeable e mutante, facendo de cada acción un acontecemento único, convidando a novos artistas e espallando a Liberación.

Orquestra Galega de Liberación. "A música estaba agardando por nós"  do album "NA LOITA"
xma

Orquestra Galega de Liberación. "A música estaba agardando por nós" do album "NA LOITA"

bottom of page