.jpg)

A DIVULGACIÓN DA LIBERACIÓN. No ADN da ORQUESTRA GALEGA DE LIBERACIÓN está o feito didáctico e divulgativo. Xacobe Martínez Antelo, director artístico do proxecto, vén desenvolvendo concertos didácticos e clases maxistrais dende hai máis de 20 anos, e para todo tipo de audiencias. Xacobe descubre o Soundpainting no ano 2001 da man do seu creador, Walter Thompson, e tras formarse con el, adquire o status de Certified Soundpainter. Ten ensinado e compartido o Soundpainting con músicos profesionais, bandas de música, estudantes de conservatorio, mestres, bailaríns, rapaces e rapazas de primaria e secundaria, terceira idade ou colectivos con capacidades diversas. Como músico, creador ou artista, o Soundpainting é un punto de inflexión na forma de relacionarse co corpo, co espazo, co instrumento, coa escoita, coa improvisación, cos prexuizos, cos límites e cos bloqueos. Esta liña de investigación atopouse moi cedo no camiño coa Conduction de Butch Morris, ou o traballo dos distintos proxectos de John Zorn, referentes fundamentais para a ORQUESTRA GALEGA DE LIBERACIÓN.
No eido da divulgación, ademáis dos concertos didácticos e as clases maxistráis, a ORQUESTRA GALEGA DE LIBERACIÓN propón programas conxuntos e de colaboración con outros grupos e formacións estables de calquer disciplina. Bandas de Música, Orquestras, Compañías, etc…